
Pasamos por Fanlo, que non ten máis dunha ducia de habitantes. A continuación visitamos Vió, aínda con menos veciños e máis casas derrubadas.
O nome completo do Parque Nacional que estamos a visitar é Parque Nacional de Ordesa y Monte Perdido. Tra-las miñas costas está esta montaña.
En Buerba, outro lugar, paramos xantar. Se buscades un trato familiar, nada mellor que Casa Lisa. Tortilla de ovos caseiros e posibilidade de botar a lingua a pacer.
Continuamos costa arriba. Puértolas debe de ser un dos núcleos de población máis altos que visitei. está por riba dos 1.500 metros. Camiñando polas súas empinadas rúas, un "se codea" cos montes.
Conducimos polo Cañón de Añisclo, hai que ir con moita precaución e ser cortés. A paciencia paga a pena.
E para rematar, un chapuzón no río Yaga.



Hoxe voltamos ter moita calor. Pero as treboadas de verán, siguen preto. Para mostra, un botón.
No hay comentarios:
Publicar un comentario