
Tras darnos unha boa homenaxe no desaiuno abandoamos Bielsa en dirección sur, pola Congoto das Devotas, bordeando o río Cinca.

Hoxe visitamos o
Val de Chistau, que estivo incomunicado ata os anos 60. Nel atópanse vilas coma Plan, famosa porque ata ela chegou a primeria caravana de mulleres, unha curiosa iniciativa para frear a despoboación da zona. O río cinqueta pasa por tódolos lugares do val.

Tras preguntar información en Plan, chegamos a San Chuan de Plan. A aldea é a cabeceira do val. Se puidera escoller lugar para enterrar os meus osos... este sería un bo sitio.

Non é unha paisana de Chistau vida na caravana, é Laura albiscando a fermosa paisaxe.

Camiñamos por un sendeiro que comeza na Ponte dos pecados, tras deixar San Chuan de Plan. A camiñata é agradable e, ademáis, atopamos fresas silvestres. Demos boa conta delas ata fartar.

Posiblemente, o val de Chistau sexa un dos mellores sitios para perderse...

De novo no coche subimos ata Chistén (Gistaín), onde acaba a estrada. Alí xantamos un guiso de cordeiro que estaba para lamberse os dedos.

O coche deixámolo nun bo sitio, a carón do bebedorio :-)


Abandoamos o val e continuamos cara o sur, pasando por Aínsa. A escasos quiómetros de alí está Morillo de Tou, onde pernoctamos. É unha vila abandoada pola construcción do Ebalse Memdiano, recuperada polo Goberno, e rexentada por Comisións Obreiras. Como estamos afiliados, pois temos desconto.

Tras nós, o Embalse Mediano.

Unha xoaniña para despedirnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario