Hoxe abandoamos definitivamente a Alta Montaña. Abandoamos Morillo de Tou en dirección sur, bordeando o Embalse Mediano. A nosa primeira parada foi Abizanda, capital cultural da comarca do Sobrabe, e cunha preciosa torre lombarda situada nunha atalaia que preside a vila.Se visitámo-lo museo de Crenzas e Supersticións podemos subir á torre. Ademáis, nos explican
tódalas crenzas da rexión. Unha delas é pór aldrabas con formas fálicas. Para mostra un botón.

Na vila consérvase elementos da arquitectura tradicional coma este"aventador" unha construcción aberta que deixaba pasar o vento para que separara o gran da palla.
Continuamos cara o sur, en dirección a Naval, onde nos levamos a sorpresa do día. Tiñamos lido que na aldea había unhas salinas, pero, claro, ¿de onde diaño sacan o cloruro sódico se non hai mar nin miñas? Simplemente dun manantial de auga doce que ten unha alta concentración en sal, máis ca auga do Mar Mditerráneo.
Seguimos baixando pola Serra das Salinas, en dirección a Barbastro. Entramos na comarca do Somontano, famosa polos seus viños. O chasco do día. Pese a ter sido sede catedralícea, a cidade se conserva moi mal. Ademáis, a catedral estaba en obras. A única fotografía que facemos é a deste curioso cartel de Ámbar, a "Estrella Galicia" de Aragón.
Catro cultivos do Somontano, na Sierra das Salinas: Uva, Aceituna, Trigo e Amédoas.
Encamiñámonos en dirección norte-leste, cara Roda de Isábena, na comarca de Ribagorza. A vila posúe a Catedral máis pequena de España. Durante séculos foi un mosteiro-fortaleza habitado por monxes agustinos.
Paga a pena visita-la catedral e mais o claustro, onde hai un restaurante no que ceamos coma frades por dous patacóns.
Un dos miradores de Roda de Isábena.
Outro dos miradores, neste caso o da nosa habitación, na Hospedería da vila.
Seguimos a ter unha calor abafante, así que decidimos baixar ata o río Isábena para darnos un chapzón no río.
No hay comentarios:
Publicar un comentario