miércoles, 2 de julio de 2008

5º día, Escalona - Bielsa (80km)

Nulle dia sine excursión. Hoxe encmiñamos os nosos pasos cara Tella, outra aldea perdida da man de Deus, a máis de 1.400 metros de altura. O lugar ten un roteiro por hermidas. Todas están abertas e se poden visitar libremente.Ésta é a de San Juan e San Pablo. Ademais da súa ubicación privilexiada, data de 1018 (casi ná!).
Ata aquí peregriñan por agosto os veciños de Tella. Esa é a súa primixénea igrexa. Se algún día pasades por esta aldea, non dubidedes en parar a xantar no único bar que hai. Ten unhas vistas espectaculares e está rexentado por un arxentino, que abre o local tódolos veráns. Fai comida típica da súa terra.


Típica paisaxe do pirineoaragonés coas "bordas", ou casas de Pastor.
Continuamos cara o norte polo Congosto das Devotas (un paso aberto a comezos do século XX) ata chegar a Bielsa. Esta vila está a uns 12 kilómetros de Francia. O tempo non acompañaba e, non querendo mollarnos coma en Ordesa, optamos por quedarnos na vila, sen ir ó val de Pineta.
Fixemos boa escolla. O museo etnolóxico é moi entretido, do mellorciño que vimos. Está cheo de audovisuais e obxetos recuperados. Nel cóntanche as vicisitudes que pasou a poboación durante a Guerra Civil. O coñecido episodio da "Bolsa de Bielsa", supuxo a evacuación de toda a poboación, que tivo que cruzar os pirineos nevados para chegar a Francia. A vila foi bombardeada e arrasada. A división 43, dirixida por Antonio Beltrán "l'esquinazau", tivo que abandoar a zona despois de meses de resistencia contra as tropas franquistas.
Algo de historia antes de rematar. No mesmo museo puidemos ler a lenda que da nome ós Pirnieos. O deus Atlante, que sostiña as columnas da terra, e Hércules eran enemigos. Sen embargo, o segundo estaba enamorado dunha filla de Atlante, Pirene. Desesperado polas negativas de seu pai, Hércules destruíu a Atlántida. Pirene fuxiu ás montañas e prendeuse lume. Cando tivo noticia do feito, Hércules foina enterrar coas súas propias mans e poñéndolle grandes rochas por riba do cadáver, creou os Pirineos.

1 comentario:

Kopi dijo...

Llegint, llegint... estic millorant el meu gallec a ritmes trepidants!

Vaja paratges més guapos aquests que ens ensenyau.

Una besada.